ESCOLA DE VERÁN 2017

Voltamos un ano mais coa nosa Escola de Verán!! Animate a probar a Remar!!
Xogos,actividades,regatas…e moito máis!!
Comezo da escola o Luns dia 3 de Xullo as 10.30.escolaveran17 (2) escolaveran17

Leer Mais

XX Trofeo de Bateis Cidade de Narón

17038566_1241716462577723_7484009257252930674_o

E xa van vinte!! Vinte anos disfrutando convosco da nosa pasión, o remo. O remo que cada dia vai a mais na nosa cidade, e como non pode ser de outra forma, convidamos a todolos que queiran disfrutar dunha tarde de remo a que se animen a vir e animar os equipos da sua cidade, estaremos na enseada da Gándara o vindeiro sábado 11 de marzo a partir das 15:00H. Esperamoste!!
Aupa Narón!!!

Leer Mais

Gala do Deporte 2015

Opa Fans!!!
Como cada ano, as celebracións da festividade de Narón comezan o venres ca Gala do Deporte. Por iso, o pasado 20 de novembro as voces de Remo Narón deixáronse escoitar novamente no Pazo da Cultura.
Moitas felicidades a tódolos premiados na Gala, e unha moi especial noraboa para os rapaces de Narón porque o esforzo e o compromiso tamén teñen recoñecemento. NORABOA ÓS PEQUENOS, que sodes alevíns en idade pero senior en ganas; e NORABORA ÓS MAIORES pólos méritos acadados no ámbito deportivo que serán a motivación dos que veñen atrás e a experiencia que nos axuda a ir adiante.

Se queredes saber por qué berramos tanto no Pazo, mirade o seguinte vídeo!!!

 

Leer Mais

Patrocinios 2015-2016, Grazas Rafa!!

Logo Rafa adaptado
Esta tempada 2015-2016; o personal da empresa local RAFA INSTALACIONES Y REPARACIONES ELÉCTRICAS, non serán únicamente fans destacados de Remo Narón nas regatas posto que tamén se decidiron a patrocinarnos.

 

Leer Mais

Patrocinio 2015-2015, Grazas Valcarce!!

Logo Valcarce grande

Valcarce Narón
Nesta nova estapa que se presenta para Remo Narón, comprácenos contar co importante apoio do GRUPO VALCARCE; que conta cunha Estación de Servicio e Hotel **** na Rúa Gonzalo Navarro, 134, no PI Río do Pozo en Narón
Leer Mais

De camiño á traiñeira

Hoxe, queremos compartir con todos vós a intención do Club de Remo Narón de dar un paso adiante como entidade deportiva. Somos moi conscientes das dificultades que este novo camiño pode presentar para un club coma nós. Segundo din, trátase dun proxecto moi ambicioso e sabemos que non poderemos conseguilo sen a máxima colaboración e apoio.

Comunicado_15.09

 

Agradecemos de antemán a máxima difusión e esperamos contar convosco camiñando ao noso lado

No caso de ter problemas para visualizar correctamente o comunicado, está disponible a descarga no seguinte enlace:

Comunicado_15.09

Comunicado_15.09_Castellano

Leer Mais

Regata de verán.. MERA!!

!!!O Domingo 19 de Xullo, vémonos en Mera!!!

Dentro da programación das festas da localidade, O CDM Mera organiza unha regata de bateis na que estamos encantados de participar cas tripulacións…

ALEVÍN MASCULINO

INFANTIL MASCULINO

CADETE MASCULINO

CADETE FEMININO

Así que este domingo, na Praia de Santa Ana…

Moito ollo con Narón!! que levamos debutantes da escola de verán!!!

Leer Mais

Fojeteiros!!! Lume!!!

Opa Fans!!!

!Estamos coma motos!

Os Fojeteiros convidáronos a participar na X concentración moteira “Cidade de Narón” e V Xornada de Turismo Activo, organizando unha regata de Bateis dentro das actividades programadas para primeiro fin de semana de xuño, no Paseo Marítimo de Xuvia.
Estamos encantados ca iniciativa que é unha grandísima ocasión para que vexades as categorías base do remo comarcal en plena acción, aínda que nos non poidamos facer “caballitos” veredes como tamén vos gusta. ¡Grazas por contar con nos!

Fojeteiros-2015

VENRES 5 DE XUÑO
18:00 Apertura
Feira moteira
Cena para os inscritos
Concertos de WARNING ROCK BAND, THE LADIES e PADEL ROCK
SÁBADO 6 DE XUÑO
10:30 Apertura
Feira moteira
Ruta moto turística
Xantar
Exhibición acrobática NARCIS ROCA STUNT
Dende as 17:00...

Leer Mais

Aviso de cancelación

Narón, día 30 de Abril de 2015

Aviso de cancelación de regata

Moi ao noso pesar, vémonos na obriga de cancelar a regata de traineiriñas programada para o sábado 2 de Maio posto que a predición meteorolóxica e marítima para os próximos días non é favorable para a celebración da mesma.

Despois de varios días sen un parte do tempo optimista, decídese anular definitivamente a devandita regata posto que non existen garantías de mellora. Ademáis, optamos por non demorar máis esta decisión ao tomar en consideración o agravio que puidese suponer os clubs participantes unha anulación o mesmo día da regata.

Sen outro particular e quedando á disposición de cantas aclaracións consideredes oporturas, recibide as nosas mais sinceiras disculpas.

Atentamente,

A Directiva do Clu...

Leer Mais

Regata Liga traineiriñas

O sábado 2 de Maio, en Narón

Regata da liga de traineiriñas 2015

Captura de pantalla completa 28042015 210545.bmp
Xa sabemos que estades de patrón no Alto do Castiñeiro, pero podedes vir despois da función que vos da tempo porque a regata dará comenzó despois das 16:00
Os clubes nooooon… que tendes que chegar para a reunión de delegados que terá lugar as 15:30 no club

Captura de pantalla completa 28042015 210026.bmp

 

Leer Mais